jueves, 15 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XVIII. Lino "Young Heart "


O resto non vos celedes por que diga que Lino e a miña debilidade, -e ti Lino non te fagas ilusións non vai por ahi o conto, que tes moito vicio.-. Cando se fala da personalidade, da calidade humana de alguen, penso que non se fai dende un punto de vista obxetivo, falase dende un punto de vista do trato, do "roce" que tiveches coa persoa, e da cordialidade e confianza da que dispos con ela.

Podría ter tantas razons para a mia predilección, que escribiria unha Biblia. Ainda que non todas, si e de recibo poñer algunhas delas aqui.
Empezando polo futbolistico, alguen que ten vivido tanto no fútbol, que ten aguantado tanto, que ten disfrutado tanto, e que como se soe dicir, ten o "cú pelao" de andar polos terreos de xogo, animase a emprender un proxecto cun claro obxetivo, o ascenso. Coa ilusión dun rapaz, non co seu fisico pero si co seu corazon. Como ben di o mister "Eu non lle pido a ninguen o DNI para xogar", e grazas a deus, por que Lino ten ese "plus" que da a esperiencia vivida, o saber actuar en situacións que moita xente da plantilla non viviu.

Unha frase que me dixo un dia José Antonio, que me quedou moi gardadiña no recordo, e a seguinte: "Facemonos mellores uns a outros", pois si, todos melloramos, pero melloramos estando o caron de persoas como Lino.
E normal que nalgun momento estes enfadado, por non xogar mais, pero iso e normal, de alguen que quere gañar, que compite por un obxetivo, que pelexa por ser o mellor. O malo seria que che derá igual non?
E con todo iso, sempre estiveches ahi para darnos puntos moi importantes, e ese roll de salvador, cando sucede 1 vez, e unha casualidade, cando suceden 2 veces, son duas casualidades... pero sabemos todos de sobra, que si sucede durante toda unha temporada, e fruto dun excelente traballo, dunha excelente visión do fútbol.

E si como futbolista nos aportaches todo iso e mais, como persoa non che digo nada. En xeral, creo que lle deches veterania, saber estar, empaque a este vestiario. E no particular, tantas e tantas conversas, tantas e tantas risas, tantas e tantas cousas que me levo de ti este ano, un cento delas. Dende o das troitas, ata o de tomar nota, pasando por conversacións menos ociosas sobre relacións persoais coa familia, ou simplemente comer un churrasco xuntos, e ter unha conversa agradable.

E de serio... creo que xa esta ben non? jejejeje. Digamos que eres o Abue"Lino" do equipo, que como teñamos que esperar polas troitas tuas e de Amosa... que pasaremos moita fame. Que lle des paso a Pedrito!! que ti xa estas maior. Que: "Foi un placer terte neste equipo, sempre te recordaremos polos teus goles de cabeza" jejejeje, ou "sentadevos e poñede o cinto", "esta o Mister rapartindo, coidado Orosa" jejejeje, e tantas e tantas que me quedarán como anecdotas para outros anos. E nun anos, cando este grupo este por ahi, e me pregunten sobre esta magnifica temporada, e este magnifico grupo, eu sempre lles direi, "tiñamos un dianteiro que se chamaba Lino, que era a miña debilidade"

Grazas Lino.

Mañan (Venres 16 de Maio) As claves do éxito. Parte XIX. Pampo-Gol!

No hay comentarios:

Publicar un comentario