martes, 6 de mayo de 2008

Partido de volta dos 1/16 de final da Copa do Sar. Victoria contundente en Mularedos

Presentabase un bonito dia, coa mellor previa que tivemos en todo o ano. A comida dos socios do Lamela, na que a mayoria do plantel comeu a caron do campo. Era a 13:30 e xa estabamos en Lamela, "concentrandonos" para o partido de esa mesma tarde en frote o "Grixoa" do grupo 4 - O Atletico Oleiros-.
Coñecedores da nosa superioridade, saimos o campo a resolver a eliminatoria, para non pasar apuros o final, e asi anotabamos o primeiro, por medio de Pampo (Benvido) jejeje, nun sensacional remate coa testa, a saida dun corner. Nese mesmo momento o At. Oleiros desapareceu do campo, e nos seguimos apretando.
A pesar de ter ocasións máis claras nos 180 minutos, o segundo gol, acadariamolo despois dunha saida en falso do porteiro visitante. Unha falta botada por pintiño, cabeceabaa Orosa, para establecer o 2-0 antes do descanso. E deixar a eliminatoria vista para sentencia, despois do 0-0 en terras Ribeirenses.
A pesar do resultado favorable, saimos moi enchufados na segunda parte, e a pesar de que fisicamente non andamos ben, conseguimos anotar un tercer tanto, por medio do noso "Cotri" de disparo cruzado. 3-0 e Mularedos era unha festa, xa que nos acompañaban todolos comensales cos que compartimos plato e mantel unhas horas antes.
A pesar das numerosas baixas, cabe destacar que o equipo esta tan compensado, que pode faltar calquera, e a dinamica de competición seguirá intacta.
Agora imos a Rianxo, Union mais concretamente, un equipo de 1ª Autonómica, agora e cando se pon bonita a competición. E por que non vamos a pasar? Vamos a por eles, que a ainda nos queda moita Copa do Sar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario