lunes, 9 de marzo de 2009

Xornada 26ª. Outra "vinganza deportiva" conseguida. FC Lamela 1 - Sp. Ciudad 0.

Imaxe: Faro de Vigo. Edición Deza


Desta volta, visitaba Mularedos un equipo que nos "humillara" en Coruña, o unico equipo que xunto co O Val, nos goleara sobradamente na primeira parte da tempada. Chegaban cargados de baixas, ainda que nos contabamos con 14 xogadores.

Xogaron: Ivan, Pintiño, Porto (Neira min. 46), Mario (Titi min. 76), Amosa, Oscar, Pibe (Raúl min. 80), Rober, Pampo, Gonzalo e Jacobo. Completaban a convocatoria, Sanchez e Cutrín.

Comezaba o partido, e xa nos 10 primeiros minutos notabase de que o Mister tiña razon, cando aseguraba de que "un esceso de ganas se podia volver contra nos". Asi neses primeiros minutos, ese esceso de ganas, puidonos pasar factura, erros en balóns faciles, e ataques con perigo pero que non soupemos materializar. Esa tónica dos primeiros minutos podriase xeneralizar a toda a primeira metade. Chegamos o tempo de lecer cunha sensación agridulce, tras fallar varias ocasións e gol, e coa angustia de que non era o noso dia de cara a porteria.
Na segunda metade esa falta de punteria puidonos pasar factura, a pesar de que non puidemos empezar de mellor forma, unha xogada de Mario en banda esquerda, que pon un balón certero para que Pampín se dispoña a empurrar, o central visitante non pode mais que derrubar o dianteiro dezano, un claro penalti que ninguen protestou. Dispoñendose Rober a anotar o seu segundo gol, en duas xornadas. 1-0 a lata aberta e a posibilidade de acadar os tres puntos, a pesar dos 40 minutos que quedaban por xogarse.
Estabamos nunha situación na que nos sentimos comodos (creo que non hai equipo na categoria que non se sinta asi, podendo xogar a contra) O Sp. Ciudad estirouse en busca da igualada, e eses momentos aproveitamolos para lanzar varias contras con moito perigo. A pesar de todo, a nosa falta de punteria en accións de contragolpe, puidonos costar cara en varios balóns colgados o interior da area local. Gonzalo en dous man a man, Pibe tamen en duas ocasións e Pampo en outras duas, xunto con un bo disparo de Neira que atalla Iago, e varias xogadas individuais de Titi, que non atopan premio. Todas estas ocasións que puideron matar o partido, non se anotaron polo que o nerviosismo se apoderou da bancada amarela.
Con seis minutos de prolongación, unha acción a balón parado, ou calqueira despiste, xa que os brancos sentianse con folgos para acadar cando menos un punto.
Non foi asi, e o pitido final dabanos uns mais que merecidos 3 puntos, que non achegan un pouco mais o obxetivo da permanencia. 36 puntos, 17 no que vai de segunda volta poñennos como o terceiro mellor equipo dende que a xornada 18.
O traballo ben feito, o traballo case a diario destes xogadores, as molladuras, o pasar frio nun campo en lamentables condicións de Luns a Venres, a intensidade, as ganas de victorias, o gran grupo que somos, grandes competidores, grandes persoas e grandes... "xogadores" jejeje. Creo que todo iso e o que pode darnos grandes alegrias, tanto nunha liga que se nos pon ben (ainda queda moitoooo moitooo) tanto como 9 partidos. 9 finais, o Domingo? Visitamos Dumbria, e todos queremos refrendar esta boa xeira de resultados. Refrendar que somos un gran equipo, puntuar seria magnifico e 3 puntos xa seria xenial. Pero vaiamos paso a paso, Luns... Mercores... Venres... traballemos coa intensidade, coas ganas que nos dan estos resultados, saiamos sen presión pero con TENSIÓN para acadar algo positivo.
Rapaces noraboa pola victoria de onte, sodes uns gran xogadores e mellores persoas.

Unha aperta, e hoxe.... A ADESTRAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario