martes, 31 de marzo de 2009

Xornada 29ª. Moito Ollo!!! Que aqui todos aprentan menos nos. Soneira 1 - FC Lamela 0

Auuuuuuu, Auuuuuuu, Auuuuuu.... que ven o lobo! Asi dicia un comentarista da radio o ano pasado nunha entrevista en homenaxe o titulo conseguido.

Eu hoxe digo o mesmo... auuu auuuu auuu que ven o lobo...! Non fará falta dicirvos que si cos arrastres (Agora mesmo baixan 6) Non estamos matematicamente salvados non?
Serian necesario os 3 puntos que nos den a tranquilidade, e dito esto, dicirvos que vos noto tensos, e tamen e certo que ninguen foi superior a nos... que ninguen nos gañou con solvencia, pero eso xa o teño escoitado o comezo da tempada cando fixemos 1 punto e 21 posibles... Pois señores como fagamos esa mesma puntuación somos carne de cañon.
Certo é que temos saido de situacións peores (como cando eramos o farolillo vermello), pero o que esta claro e que canto antes poidamos "cantar victoria" antes durmiremos mais tranquilos.

Partido contra un rival o que lle deramos un "chorreo" na primeira volta, e ese esceso de confianza puidonos pasar factura. Tiñamos un punto, xa o dixo o Mister antes de comezar, vamos a procurar non perdelo.

Pero as imprecisións, e o nerviosismo, xunto coa baixa forma de xente importante, ponnos na situación de ter que voltar a mirar cara abaixo. Si foi bonito mentres durou, esa ilusión de acadar cotas maiores, pero o primeiro era a permanencia e teremos que pelexar por ela. Certo é que moitos equipos se cambiarian por nos, pero outros tantos non o farian, a si que... traballar, e traballar para acadar canto antes os puntos da tranquilidade.

Tamen dicirvos que non caimos agora no desanimo, nin na falta de motivación, e que procuremos ser "fieles" o resto dos compañeiros asistindo os entrenos, e poñendo todos da nosa parte.

Por hoxe non teño mais que dicirvos, espero que sumando o Domingo me dedes mais gañas de facer a crónica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario