lunes, 16 de marzo de 2009

Xornada 27ª. Dumbria 0 - FC Lamela 1 . Novos obxetivos no horizonte.


Soa sobrado, e ainda que a salvación non esta matematicamente conseguida. Fannos falta 6 puntos. Son dos que opina que si se poden conseguir esta semna non esperemos a vindeira. O Orillamar será o seguinte... temos outra vinganza deportiva, vaiamos deixando "cadaveres" no noso campo de terra. Eso será o Xoves, unha final, outra final.
Con respecto o partido de onte, dicir que somos un equipo peleón, dificil de gañar, que dun tempo atrás non encaixamos, somos xenerosos nos esforzos cos compañeiros, todos sabemos o que temos que facer e cando todo iso funciona, resulta que se ve reflexado no terreo de xogo.
Inicio da segunda volta 20 puntos, o mellor equipo da segunda volta (empatado con Meson) e este vai lider. Vamos que si chegamos a estar mais finos jejejeje.
Pois non, somos un equipo que loitaremos pola permanencia -6 puntos mais- e cando esa chegue (oxala pronto) teremos que reinventarnos para buscar cotas maiores (o ascenso esta claro que non) Pero unha 4 praza detras dos 3 grandes? No noso primeiro ano en primeira? Creo que debemos mirar o frente sen olvidarnos de mirar para atrás. E con todo dous fenomenos o mais puro estilo "Homes de Paco" vendo o partido, vaia dous cracks! Oscar & Oscar

Campo de Dumbria, espectacular, todas as instalacións son un escandalo. Tamen e verdade que as comparacións co noso son odiosas a si que mellor non facelas.
Vestiamos totalmente de azul.
Xogaron: Ivan, Pintiño, Jacobo, Rober, Porto, Amosa, Pibe (Raúl min. 84), Gonzalo ( Titi min. 60), Pampo, Neira e Orosa (Cutrín min. 82)

Costounos adaptarnos o terreo de xogo, e ainda que na primeira metade o Dumbria dominaba non chegaba (diciame o xuez de linea que para gañar un partido hai que tirar a porteria) totalmente dacordo. E certo que Iago estrelou un balón no longueiro na primeira metade, pero tamen e certo que Pampín tivo o 0-1 nunha ocasión moi clara. A falta de acerto nas escasas oscasións visitantes, e case nulas locais, resultaria no 0-0 o descanso.

Tamen como ben sendo habitual, o descanso marcou un punto de inflexión. E así na reanudación no min. 55 Pibe, cunha xogada clasica nel, regatea cara dentro o mais puro estilo Messi, con algo de fortuna tras un rebote queda franco encarando a un dos centrais, e así dandolle o balón a Pampin dentro da area (que ben se entenden estes dous) o dianteiro remataria a dereita de un Juan que nada puido facer.
0-1 o mellor que nos podia pasar, xa que dun tempo aqui, somos un equipo que ainda que decidindo mal nas contras, saimos con moito perigo da "cova".
Ese resultado activou o mister visitante, José Antonio fixo un cambio en funcion do marcador, Gonzalo deixoulle o sitio a Titi, e todo o que buscada o adestrador cumpriuse. Xa na primeira xogada, deixa sentado a un dos centrais, colga o balón e non atopa rematador. Con esa calidade e con eses espacios estaba a ser determinante, como si dunha partida de axedrez se tratase o Mister daballe un novo cariz o encontro, un cariz de matalo canto antes, o mais puro estilo Holandes, cando se poñen gañando sacanche un central para meter outro dianteiro, caracter gañador.
A partir de enton, vou a contar o partido o reves. Dende os 5 minutos finais, xa que o Dumbria acosou con mai corazon que cabeza, e a piches estivo de empatar, que nos quedaria cara de parvos polo acontecido minutos antes.
Juan, porteiro do Dumbria ata aquel enton estaba a ser a estrela do partido.
Unha xogada moi ben trenzada polo ataque visitante, con un balón profundo de Titi, que pibe tras caracolear, lle da a Pampo, para que cruce a esquerda de Juan (xa cho dicia o mister.... a dereita RamoN! a dereita!!) remataba cunha espectacular parada do porteiro local. Asi como unha baselina que lle sacaba a Titi a man cambiada. E un remate de Yeiko a bocajarro! que detia nun alarde de reflexos incrible.
Pois si, puideron empatar, tamen penso que non lles pitaron un penanlty por man de Rober, todo iso e certo. Tamen e certo, que si estamos algo mais atinados, hoxe estamos falando cun 0-3 ou 0-4. Simplemente esto do fútbol e cuestion de interpretación non? Claro que non... e cuestion de obxetividade.
Rapaces a verdade e que non sei que será, a nova posición do mister, o anillo de Pintiño, as novas zapatillas de Jose Antonio, o anillo de Rober, o ritual de Pibe e Oscar, que Baleiron este lesionado o mellor tamen da sorte. O café do Pozo?, tamen pode ser.
Pero a min gustame pensar e non me equivoco, que todo isto e polo traballo semanal, por todo o que corredes, polo caracter gañador que tendes, por que somos un grupo de amigos, e un vestiario tan unido, nunca morrera sen pelexar.
O ano pasado deivos as gracias por ese magnifico ano, este aindan non rematou, pero xa dende hoxe volo agradezco. Grandes xogadores e mellores persoas.
Gracias!
E o Martes... A ADESTRAR! que ben o Orilla!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario