miércoles, 25 de marzo de 2009

Xornada 28ª. Baixando das nubes...pisando terra firme! FC Lamela 0 - Bertamirans 1


Foi bonito ata que durou, unha mera esperanza de poder acadar os de arriba, desta volta tocou poñer os pes na terra. Baixar das nubes amodiño, para que a caida non sexa dolorosa, ainda que a derrota si o é. Polo que significaba o partido para nos, porque como ben sabiamos todos o partido era o segundo Derbi en importancia (-despois do Silleda claro esta-) Ainda que non por menos dolorosa, nos tocaria facer cargo de conciencia e deixarnos de cabalas... si perde este si perde aquel. E resulta que si, as cabalas daban xustas, como as matematicas son unha ciencia exacta, pero para iso como moi ben di o mister primeiro hai que gañar, e despois dannos a todos esas "contas".
Tedesme que perdoar pola tardanza de facer esta crónica, pero sentiame tan falto de ideas para escribir, tan falto de "argumentos" para valorar esta derrota, que preferin pasar uns dias, ata que entre todos vos me destes a solución.

Esta crónica ten un comezo no Luns 23 de Marzo as 11 da noite (despois de perder o domingo frente o Bertamirans, e remata o Domingo as 4.30.
Non non estou tolo, comenzarei dende o momento que entendin que unha derrota pode axudar a un equipo a mellorar.

Recollendo rematei ese Luns, un dia de adestramento, que o Mister planificou de recuperación para os que asistiron, e cun traballo algo mais intenso para ambolos dous porteiros. Unhas risas, un tono distendido (todo sexa sacarlle importancia a derrota do dia anterior), un xogos con balón, mais risas, uns abdominais, e un pouco de trote para relaxar as pernas. Un gran adestramento, que vale para facer vestiario, mais risas, e tamen para desentumecerse de cara o traballo do resto da semana. Chegabamos ese Luns como de costume a Mularedos con media hora por diante, para prepar todo antes da chegada dos rapaces, que os poucos iban chegando un tras outro. Charliña de 15 minutos do mister para correxir erros, esa charla na que todos todos, facemos conciencia dos nosos acertos e erros. Minutos antes, e non e dificil de saber, un xogador, que a parte e gran amigo meu, e capitan deste equipo(dende a falta de Sanchez) preguntabame pola crónica do Faro de Vigo que non poñia nada do arbitraxe mais que estraño do pasado Domingo, eu contestaballe que seguramente tiña razon, pero que agora e o momento de ser un equipo señor, un vestiario señor. Entendido quedou, e de ahi saquei as forzas para facer a cronica de esta xornada.

Domingo, 16.30, Campo de Mularedos. Visitabanos o Bertamirans, equipo co que empataramos na ida. Equipo con moita polvora arriba, e cun renombrado adestrador, e o que ten adestrar equipos da "city".

Dende os primeiros minutos, as intencións eran claras, parar a Neira a toda costa, e pelexarnos coas mesmas armas que dispoñemos nos, intensidade defensiva a contragolpe. En definitiva gañaron o partido defendendo ben, e contragolpeando (o igual que o facemos nos... regulin regulin)
E si Amosa, si o resto de vos. O partido era 100% diferente, si a linea, non anulara un gol a Gonzalo os 20 min. si que cambiaba o partido, nos sentimonos comodos por esos camiños do contragolpe, nos si sabemos a que xogamos. E tamen si, e certo que puido estar mal anulado. E tamen vou a caer na impopularidade si digo que eu non podo dicir si foi legal, teño as miñas dubidas, teño dubidas de que ese gol fora legal. Por iso mesmo, e admitindo a prepotencia de un trio arbitral nefasto. Tamen debemos achacar a derrota non so e esas decenas de erros de arbitraxe. Senon a outros tantos erros cometidos por nos mesmos. Ahi vou, e charla do Mister tamen me axudou a entender esta derrota. Os arbitros non estiveron ben, pero non foron os unicos. Dende o primeiro o ultimo de nos, dende Ivan, ata Pampin, pasando por Robert, Mario, Oscar... os puntos suspensivos son para todos os demais. Cada un sabe onde se enganou, o mister parece ser que tamen cambiaria cousas, Joseeee Joseeee xa estaba ben de dar sempre no cravo, un dia malo por ter, ata o teño eu, que na ansia de non perder tempo, mando un balón as nubes. Si, todos cometemos erros. Non, non merecemos perder, pero, OLLO! Eu tampouco notei que mereceramos gañar. O Bertamirans, pois o igual que nos, pero cos 3 puntos.
En definitiva, unha derrota que nos ven moi ben para poñer os pes no chan. E si, sigo dicindo que temos o nivel de calqueira.

Quedoume cunha frase dun compañeiro do Lamela, que dicia que esta derrota fainos mais fortes, por que sairemos a morder no seguinte partido, con ganas que lle puxemos este pasado domingo multipricadas por dous. Que sairemos a por tres puntos. Que se notou o Luns que foi unha anecdota. Que non nos damos por vencido. Somos "peleons" e creo que xa nos fixemos oir en todos lados. Xa demos o do de peito, e ainda falta o mellor da tempada, o mellor, disfrutar do que queda, amarrar a permanencia e canto antes, colledelle a palabra o Mister de facer 6 puntos canto antes, pero antes que 6, toca facer 3... e mellor que 0, 1.
Dixeronme que tiña que facer 11 ideal, vouno facer. Ivan e Fran na porteria, Oscar, Pintiño, Porto, Amosa, Ruben, Yeiko e Sanchez na defensa. Chicho, Raul, Neira, Gonzalo, Rober, Mario, Pibe, Cutrin, Baleiron; na medular. E Pampo, Titi e Orosa en punta. Xa sei que me paso algo dos 11, pero este grupo e o meu EQUIPO IDEAL!!.

Saúdos e hoxe a adestrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario