jueves, 19 de marzo de 2009

Xornada Atrasada. Xornada 21ª- Lamela 2 - Orillamar 0. Por 4 xornada consecutiva VINGANZA COMPLETADA!


O certo é que levamos esperando esta partido, polo que significaba para nos dende principio de tempada. Reinvindicarnos como un equipo, moi traballado e con ganas de agradar e deixar unha boa impresión no debut en Primeira Autonomica. Tamen e certo que o trato recibido na Coruña polo Orillamar deixou moito que desexar, polo que as veces e "mellor estar calado e parecer parvo, a abrir a boca a demostralo" e eso e do que pecou o Sr Adestrador do Orillamar. Sen darlle unha importancia que non merece, procedo a contarvos dende o meu punto de vista o encontro de este pasado Xoves.
O mister buscaba novas cousas e tamen "medicina de banqueta" que tan bo resultado lle esta dando, e asi mais que noticia o once titular, seria o mesmo banquillo de ahi o video que presenta esta crónica. Composto por Gonzalo, Pintiño, Cutrin, Raúl e Titi. A diferencia e que outros equipos non poden presumir de ter tales racambios, e tan certo é, que o mesmo Orillamar so fixo unha sustitución.
Saindo con: Ivan, Porto, Yeiko, Rober (Cutrin min. 64), Amosa, Oscar, Pibe (Titi min. 54), Mario, Pampo (Pintiño min. 74), Neira e Orosa (Gonzalo min. 24)

Comezaba o partido dunha maneira similar a que comezou contra o Sporting Ciudad, con varias imprecisións atrás, e con ganas de agradar mais do debido. Tamen e certo que no min. 24 un mal control de Orosa, acababa con este no suelo doendose da sua rodilla esquerda, "Killer" esperemos que non sexa nada, Orosa tivonos que deixar e dou entrada a Gonzalo, un Gonzalo motivado que dende o banquillo leva aportando grandes cousas. A pena e que te teñan que sentar para que vexas a luz. Dous penalties protestados polos amarelos (un deles moi claros sobre Neira) E tres claras ocasións por parte dos locais serian todas as aproximacións de ambos equipos na primeira metade.
Na segunda un pouco mais do mesmo, imprecisións, ganas de "gañar" canto antes, daba a sensación que queriamos meter o segundo antes que o primeiro. Pouco a pouco pasaba o tempo e ainda que varias internadas con perigo, puideron significar o 1-0 non foron o suficientemente claras.
E chega o minuto 74, e chega unha das leccións que deberian os adestradores bufons, os adestradores que lles gusta mais falar que actuar, os adestradores chorons, que veñen con 5 ou 6 pseudo-baixas, que xa de anteman son lobos vestidos de cordeiros, que cando non lles vai polo seu pao son uns autenticos Hooligans deste deporte, que se creen autenticos Señores Feudais dentro dos seus masextuosos castelos mediavais. Pois non amigos meus, aqui o que vale e falar actuando, falar dando un xiro de 360º o partido coas tua maneira de ver o fútbol. E como gracias a deus (ainda que non sempre) o tempo e o traballo pon a cada un no seu sitio, José Antonio doulle un autentico recital, de como se invirten os cartos nun curso de adestrador.
Moveu o banco, con dous cambios en 10 minutos, e un terceiro 10 minutos despois, movendo posicións e "cromos" para darlle un pouco mais de "punch" o equipo, por unha banda (a esquerda da defensa do Orilla) que facia augas, e asi, e nun magnifico balón profundo de Neira (o que o mister o acomodou por dentro para aproveitar este tipo de iniciativas) chebaba os pes de Porto que batia de maneira brillante e con suspense o porteiro coruñes. 1-0 a lata abreuse, e agora tocaria comernos a sardiña, e por fin tras varios encontros pola minimina, Cutrín colle un rechace dentro da area, e como so el sabe definir (sintoo Cotri de este non teño video), anota o segundo gol amarelo. Un autentico golazo, a bote-pronto, destes que meten os cracks na televisión. Ollo! So faltan 3 puntos para salvación, e as novas metas seguen intactas mirando o horizonte. Salvarse canto antes rapaces, salvarse e disfrutar de este momento, xa nos tocou sufrir, e certo... E agora non podemos disfrutar? Por que imos a renunciar a nada? 3 días despois vira o Bertamirans... xa sei que o da Vinganza Deportiva esta gastada, enton vamos a polo respeto que nos debe esta primeira rexional, o respeto que estamos gañando a pulso. Disfrutemos do momento si... pero por que non soñar? por que non pelexar por cotas mais altas? Non dubido de que o mister vos ensinará o camiño...RAPACES! o voso espiritu gañador fara o resto.
Gracias por outro "Domingo" de fútbol magnifico, agora pes na terra, e benvido a LAMELA.... FC Bertamirans! Estade seguros que non olvidaredes nunca esta visita a Mularedos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario