viernes, 28 de marzo de 2008

Quiniela Xornada 30º. Cun apasionante Cacheiras-Lamela


Bueno aqui vos deixo a quiniela de esta xornada 30º, cun partido importatisimo para nos, polo que significa xogar no Ignacio Varela, e porque podemos sair de ali un pouquiño mais preto do noso obxetivo.

Berres - Tordoia: Para o Berres todo o que non sexa a victoria, significaria xogar para o vindeiro ano na 3ª Autonomica, por contra, o equipo de Tordoia, puntuando en Berres, case pecharia a sua salvación, partido compricado para os locais contra un rival directo. (X)

Palmeira - San Mamed: O equipo da Ulla desplazase a Palmeira, en busca dos 3 puntos. Enfrente un equipo que xa e de 3ª Autonomica, e que so pelexará pola honra dos 3 puntos. En teoria, partido sinxelo para o San Mamed. (2)

Laro - Recesende: Encontro no que saltaran chispas, pola forma de xogar de ambas escadras, ambolos dous son moi fortes na casa, ainda que fora os resultados estan sendo irregulares. Precisamente por iso o equipo do Deza e favorito, xa que xoga diante dos seus siareiros, ainda que o Recesende buscará puntuar para estar matematicamente salvado. (1-X)

Villestro - Portomouro: O Villestro que pelexa polo podio, enfrontase a un Portomouro que si non quere pasar apuros de ultima hora, necesita puntuar en Roxos. Ainda que o Villestro e o 3º en discordia deste grupo 5 e será compricado que o portomouro que esta 6 pola cola, saque algo positivo no seu desprazamento. (1)

Grixoa - Praiña: Un partido facil na teoria para o equipo de Marcos Alvarez, que buscará presionar o líder nunha xornada propicia. Por outra banda o equipo de Teo, si non consigue puntuar, estará moi perto do descenso matemático, e non e o mellor campo para puntuar. (1)

San Marcos - Sionlla: Un partidazo pola zoa baixa da clasificación, un enfrontamento directo pola permanencia, un empate, condenaria os dous equipos a non sair do pozo, quen consiga sumar de 3, meterase na pelexa por non descender. Por contra o que saia derrotado, case con total seguridade será novo equipo de 3ª Autonomica.(1)

A Baña - Sp Estrada: Desprazamento compricado para o equipo de Pena, A Baña na casa esta sendo un dos equipos mais fortes durante todo o ano, e tamen un dos xuices da competición. O equipo da Estrada, que competirá para o ano en 2ª buscará puntuar nunha das saídas mais dificiles da tempada. (1-X)

Rodeiro - O Pino: Un bo partido que enfrontará a dous dos candidatos a ocupar a 4 e 5 plaza na taboa. O Rodeiro tras perder a Estrella por lesión, ten menos potencial ofensivo, O Pino por contra, ben de eliminar o Grixoa na Copa e virá a por todas a Rodeiro, para acadar os tres puntos. Partido con resultado incerto. (1-X-2)

Cacheiras - Lamela: O partidazo da xornada. Polo tres puntos en xogo, que a estas alturas son máis importantes para o equipo do Deza que para o de Teo. Ainda asi, a rivalidade entre ambos equipos, xa que varios xogadores coincidiron no Cacheiras; dalle un toque de morbo o encontro. Partido no que pode pasar de todo, debido a esa rivalidade. Ainda que por proximidade non se pode falar de derbi; digamos que realmente pola proximidade dos seus xogadores podemolo considerar como tal. (1-X-2)

No hay comentarios:

Publicar un comentario