lunes, 24 de marzo de 2008

Crónica da Xornada 29º. Despaciño e boa letra. Lamela 4 - San Marcos 0


Vaia frio facia onte en Lamela. E iso que non se vian moitas nubes, polo menos o comezo... mais tarde xa foi un desproposito.
O partido estaba marcado, pola importacia dos tres puntos, e pola "mini" homenaxe a Chicho, que viña unha semana despois, a grada a animar os compañeiros, e nos dedicamoslle o encontro xa dende o comezo. Saimos a sacarnos unha foto cunha camiseta que rezaba: ¡Ánimo Chicho!. E iso e o que esperamos darlle todos, un pouco de animo, ainda que polo que se ve, el estache moi animado.
Once Inicial: Fli, Jacobo, Ruben, Sanchez, Amosa, Oscar, Orosa, Cutrin, Pampo, Manolo e Adrian. Completan a convocatoria: Diego, Mariño, Pibe, Matias e Lino.
Recibiamos o San Marcos, con demasiada relaxación antes do comezo do partido. E resulta que ainda que despois todo saiu ben, debemos aprender unha valiosa lección, da falta de tensión antes do comezo de calqueira partido, sexa quen sexa o rival, e sexa a que sexa a nosa situación. Non se pode sair a un campo de xogo, a pachanguear... ou polo menos non antes de ter atado o obxetivo matemáticamente.
Así, e ainda creando numerosas ocasións de gol, ibamos o descanso con un inquietante 0-0 que nos cambio a cara de risa que tiñamos antes do partido. Notabase a tensión por que non entrara a pelotiña. O problema e que comezou a segunda parte na mesma tónica. Entón José Antonio reaccionou para dar entrada no campo, a Pibe (por Adrian), Diego (por Manolo), Matias (por Orosa) e Lino (por Cutrin). Seguiamos chegando, pero a pelotiña seguia sen querer entrar.
Enton unha intensa pero corta granizada, obligou o colexiado a suspender o partido durante non máis de 4 ou 5 minutos. E como si de outro partido se tratase, na reanudación do encontro, saimos enchufados, saimos a polos tres puntos que necesitabamos, saimos a polo rival, sen importarnos quenes eran e que posto ocupaban.
O San Marcos por contra, debeunos de coller o frio, xa que sairon a defender o 0-0 e nun sensacionales 15 minutos, cun bo futbol de combinación e velocidade por bandas, Lino en duas ocasións (15 goles esta tempada), Pampo, cun espectacular tanto coa dereita, e Matias (Benvido Matías, "te echabamos de menos nene") cunha boa vaselina; certificaba a victoria local, por un contundente 4-0 que deixaba as claras a superioridade do equipo de Mularedos.
Vamos... que son tres puntos máis, e tres puntos menos que quedan para rematar a tempada. Agora temos que ir a Cacheiras a dalo todo, sen confianzas, e arrimarnos un pouquiño máis o que todos buscamos.

Como ben dixo o mister "aqui non hai ainda ningun campion de liga", pois o dito, ainda non fixemos nada. Despaciño e boa letra. E xa pensando no seguinte encontro.

Un saúdo e noraboa pola victoria.


Antes de rematar tres puntualizacións: O Palmeira matemáticamente e novo equipo de 3 rexional. Por outra banda, o Berres e o Sionlla se perden este vindeiro domingo, tamen serán equipos de terceira.
Tamén felicitar e Pena e o seu Sporting Estrada, que acadaron a falta de 5 xornadas a salvación matemática, e andan por un mais que meritorio 7 posto. Noraboa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario