lunes, 17 de marzo de 2008

Xornada 28º. Non foi unha xornada máis. Foi "A XORNADA"


Antes de empezar con esta crónica, mandarlle unha aperta a Chicho, que hoxe as 6.30 operase, e en breve xa estará con nos. O final parece que dentro do malo, foi a posibilidade menos mala. Animo neno, a victoria foi para ti, por ti, e en gran medida a ese caracter que tes, que pelexas un balón sen dalo por perdido. Gracias Chichiño!!!

O caso e que este Domingo 16, non era un Domingo máis, non era un partido máis, ainda que puido selo en funcion do resultado. Enfrotabamonos o único equipo que nos pode facer dano, o único que ten posibilidades matemáticas de arrebatarnos un primeiro posto (que por certo, conservamos dende a PRIMEIRA XORNADA!!!!).

Hoxe aparte de facervos a crónica, vou empezar o día dende o comezo, vamos un resumiño de como foi o día, un bo día, un gran día.
As 10 da maña, xa estaba en Silleda, xogaba co Bandeira de Alevins. A miña sorpresa foi atopar a Angel Penela no campo...mellor non comentar nada, verdade?. O resultado 1-3 a favor nosa - teño que recoñecer que empezarei esta crónica con este resultado por que non teño ocasión de presumir moito de victorias cos meus cativos- Despois de tomar algo con Alfredo, tirei hacia Cacheiras, para relaxarme e tomar un par de vermouths. Chamei o Mister e quedamos en ir xuntos. Notei moi tranquilo, seguro das nosas posibilidades, hoxe podo recoñecer, que non e que non confiara, pero si que son pesimista por natureza, e digamos que non as tiña todas conmigo. Pero a tranquilidade de José Antonio a verdade e que e contaxiosa, e cunha solvencia extrema, confiaba en todos e cada un dos xogadores dos que dispon.
Coma sempre, fumos os primeiros en chegar o campo de fútbol, entre risas, e sacando presión con conversacións ociosas, dispoñiamonos a esperar pola totalidade dos xogadores. Unha vez dentro, e vendo a relaxación dos xogadores, a cordialidade coa que se saludaban cos xogadores do Grixoa, nese momento eu entendin o Mister, entendín que eles tiñanos moito respeto, ata un punto de medo, que sabian que os podiamos matar en calqueira momento, de que podiamos sair con 9 puntos de renta, en ese momento debin de darlle a razón o Mister e confiar, confiar en que ese partido seria noso. Tras as bromas iniciais, con varios futbolistas do Grixoa, cada un, e cun ritual que se repite domingo a domingo, foi tomando posicións, e facendo o que tamen cada domingo, repiten unha e outra vez. Colocación de fichas, seguimento e cordialidade co arbitro, e os xogadores o seu. Que un venda os tobillos, outro empapase en Reflex e outro en cremas, entrega de dorsais, sudaderas, petos... un mundo en media hora, que como un ritual relixioso se tratase, repitese cada domingo entre as 16.30 e as 17.00.

Once Inicial: Fli, Pinto, Rubén, Amosa, Sanchez, Robert, Oscar, Orosa, Pibe, Cutrin e Lino. Interviron: Chicho, Pampo, Jacobo, Adrian e Matias.

Partido intenso, partido de homes, partido so apto para valentes. A grada... a reventar, afección do Grixoa, do Lamela, e moita xente de fútbol en xeral. O final o traballo realizado por José Antonio dou os frutos que buscaba, e o Pibe, foi unha autentica pesadilla para a defensa rival. Defensivamente, explendidos, sempre con axudas sobre xogadores importantes do contrario. Notase cando un equipo funciona que os compañeiros son solidarios nos esforzos, si o meu compañeiro-amigo, non chega, pois chego eu para axudalo, foi unha tónica en todo o encontro. Ainda que o Grixoa tivo un par de chegadas, o domingo era do líder, que a pesar de xogar fora de Mularedos, intimidou a un Grixoa que via como si iba descaradamente a polo partido, podia levar un severo correctivo. Asi con todo, fomos o tempo de lecer, cun resultado de 0-0. E coa sensación de estar a facer as cousas ben. Na reanudación, e como un golpe de autoridade, Lino que pelexou todo o encontro, controlaba un coiro de espaldas a porteria, mandaballe un bo balón a Cutrín, que despois de irse do central, encaraba a Ares -porteiro do Grixoa-, tras un magnifico amago, quedabase solo para empuxar o balón o fondo da rede. 0-1 que facia xusto o visto ata entón. Gol que aproveitou "Cotri" para dedicarllo a Chicho pola sua reciente paternidade. Ainda faltaban 40 minutos de encontro, pero nos pegaramos primeiro. Ainda asi o Grixoa non se veu abaixo, pero agora si tiñan que vir a polo partido. Máis por empuxe que por chegadas, unha xogada desafortunada, nun balón que se "empantana" dentro da area pequena, aproveitao Martin Marquez, para anotar o 1-1 de tacón. Faltaban 5 minutos, máis o desconto. E tocaba sufrir, ainda sendo conscientes de que para nos tamén era un bo resultado. Eles seguian a colgar balóns a nosa area, pero Robert, Oscar, Sanchez, Amosa, Pintiño e Rúben, despexabanas sen maiores problemas. Por outra parte, e a contra, puidemos incrementar o resultado, pero non estivemos atinados de cara o gol. Minuto 90, 1-1, o arbitro dirixese os seus lineas para indicarlles que descontará 5 minutos. Tiñamos que apretar. Asi no minuto 93, Chicho encara dende banda esquerda, vaise hacia o medio, e intenta tirarlle un autopase o central do Grixoa, este anticipa e consigue sair co balón, pero Chicho, que non da un balón por perdido, quixo pelexalo polo costado esquerdo do defensa, o porteiro que saira a controlar ese balón veuse sorprendido pola chegada de Chicho, e incomprensiblemente derrivouno medio metro dentro da area. Penalty!! Faltaba 1 minuto para o remate e tiñamos a posibilidade de levar os 3 puntos, celebramolo, ata que Adrian pediu auxilio para o pobre Chicho, que nesa xogada fortuita, rompera o Peroné. A ledicia previa, convirteuse en preocupación, e despois de ter o xogo parado uns 5 minutos, e retirar a chicho os vestuarios, volvia a ledicia, tras anotar o Penalty Robert. 1-2 e sen tempo para reaccionar o conxunto local. Acadabamos os 3 puntos que van adicados para ese fenómeno chamado Chicho.
Despois e na recollida hacia os vestiarios, unhas verbas entre aficionados do "Grixoa" e poñoo entre "" por que non sei si son do Grixoa, do Recesende, do Portoumouro ou simplmente Anti-Lamela, xa que en todos esos encontros nos temos que atopar sempre cos mesmos energumenos que non merecen nin ser nombrados.
25 minutos tardou en chegar a ambulancia, e hoxe sabendo que Chicho se recuperará en breve, podemos dicir que onte foi unha victoria importantisima.
Evidentemente nin que dicir ten, que non valeu de nada, si chega o Domingo e pinchamos, xa que agora que estamos tan cerca, o que temos e que rematala para que non se nos escape.
Euforia? Non porfavor, ledicia por estar mais perto, pero a euforia e mala conselleira, e ainda que cerca, non conseguimos nada esta tempada. Sexamos sensatos, e manteñamos a cabeza fria.
Como me acaba de dicir alguen que entende de esto, sabedes que hay que facer despois de gañar o domingo? Gañar o vindeiro Domingo.

Noraboa a todos polo encontro. Demostramos por que estamos ahi, desmotramos a importancia dun vestiario unido, e iso chavales, e o que realmente MARCA A DIFERENCIA!

Saúdos e unha aperta a todos.
Vindeiro partido Lamela-San Marcos...non fai falta que diga que son claves estes 3 puntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario