lunes, 31 de marzo de 2008

Xornada 31º. A un paso do campionato. Cacheiras 0 - Lamela 1


Hoxe, como na última crónica, vou a comezar pola mañá, aproveitando o partido Bandeira - San Mamed. Xa que como dixen, non teño moita ocasión de presumir dos meus cativos,tamen vou a facelo de esta vez. Como chovia as 12 en Bandeira, vaia granizada caeu - parecia o partido do San Marcos- e como nese partido cando escampou, o Bandeira foi un rodillo, ante un San Mamed con xogadores con menos idade que os meus, o resultado final 11-1 o de menos, de feito foi excesivo para o meu gusto, xa que os outros nenos tamen merecen un respeto. Eu intentei que non fora tal e goleada, e ata quedei cun xogador menos que saquei, pero cando estas de gañar... GAÑAS!!

E pola tarde? Un partido precioso en Cacheiras, uns cantos compoñentes do equipo, volvemos o que foi a nosa casa durante anos, e iso sempre agrada, sobre todo si te reciben ben. Ademais, tes os recordos deses bos anos en Cacheiras, e a sensación de volver a que foi a tua casa, sempre e bonita.
Esa complicidade coa xente que leva o equipo, e cos propios xogadores rivais, que foron os teus compañeiros, e o mellor que pode ter o fútbol.
A verdade e que hoxe como crónica non hai moito que contar, por parte nosa, fixemos un mal partido, ainda que tivemos varias claras ocasións de gol, ainda que o partido do domingo non pasará a historia como o noso mellor encontro. E o Cacheiras, sen gol, ainda que intentando combinar, non tiña profundidade para facernos dano. Tivo unha moi clara nas botas de Gelo que errou, e nos en varias, con Jacobo, Pampo e Cutrín de protagonistas.
Un moi bo partido de Jacobo por banda esquerda, que foi o autor do gol, e o mais destacado dun partido sen moita mais historia, ainda que por suposto sumamos tres puntos importantes para conseguir o campionato. Quero crer que o partido feito o Domingo e cuestion de relaxación e de verse case co traballo feito. Pero case ter o traballo feito, NON E TELO FEITO DE TODO. A si que, e como veño dicindo dende a boa victoria fronte o Grixoa, hai que poñelo todo para rematar de unha vez. Non caiamos no pecado de relaxarnos, e vamos a pechar esto por todo grande. Vamos a conseguilo o Domingo? Seremos campións o domingo? Iso queridos amigos, so depende de vos e nada mais que de vos. E sei que o vades a lograr, sei que o vades a poñer todo, sei que agora non se nos pode escapar mais, e sei que con este grupo e con este vestiario conseguiremolo.

Como dixen en pasadas crónicas, noraboa a todos, porque este Grupo, este Vestiario...E O QUE REALMENTE MARCA AS DIFERENCIAS.

-Inciso-: Oxala para o ano que ben o equipo de Teo faga un equipo campión, por que as bases tenas moi ben asentadas. Un bo traballo dende a base o que estades a facer. Unha aperta moi forte e espero que me apreciedes como o fago eu con vos.

2 comentarios:

  1. Eiii alegrome un monton de que alguén fixese unha páxina co mellor equipo dos arredores....jajaja
    O mellor de todo e que gracias a ti eu que estou aki a uns 1200 km de miña terriña e da miña xente podo estar o dia co que pasa co Lamela.
    Este ano están que non hai quen os pare e eso está moi pero que moi ben.
    Por certo supoño que sabes que o xoves é o cumpreanos de Amosa, a ver se lle cantades o cumpreanos feliz da miña parte e lle tirades das orelliñas que eu dende aki non podo.
    Por certo eu son a irmá de Amosa,e nada, seguirei lendo as crónicas que vas poñendo.
    Un saudo e felicitacións por derrotar ao Cacheiras;sodes os mellores.
    LAMEEEEEEEEEEELAAA!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias, tiraremoslle das orellas logo o xoves, ainda que non sei si o veremos, pero o venres temos uns pinchos e seguro que llas estiraremos jejejeje, moitas grazas por lernos dende tan lonxe, e espero que che gustee todo o traballo que se fai por aqui, porque para iso é.

    Unha aperta e daremoslle saúdos a teu irman

    ResponderEliminar