viernes, 7 de marzo de 2008

Quiniela Xornada 27ª. Pode ser clave para as aspiracions de uns e de outros.

O vindeiro Domingo dia 9 de Marzo, disputase a 27ª Xornada. Con varios partidos interesantes, tanto polo título, como por acadar salvarse de categoria. Estos son os seguintes pronósticos:

O Pino - San Mamed: Dous equipos que a principio de tempada estarian mais perto dos postos de privilexio, pero que co paso dos encontros foron deixandose levar. O factor campo deberia ser importante, e ademais O Pino pretende disputarlle o podio o Villestro. (1)

Recesende - Tordoia: O conxunto de Teo, e un equipo de duas caras, unha como local, e outra como visitante. Ainda que o Tordoia ben de menos a máis, e esta perto da salvación, o factor campo, e a afeccion do Recesende deberia ser clave para o discorrer do encontro. Cos tres puntos, o Recesende estaría a un paso da salvación. (1)

Portomouro - Berres: Interesantisimo encontro pola permanencia, o Berres ten o último tren para aspirar a manter a categoria, e o Portomouro deberá sumar, senon quere verse en apuros, xa que o seu máximo perseguidor esta apretando. Ainda que os dous equipos teñen a presion pola victoria, e estan moi necesitados de puntos, espero que o resultado sexa favorable o conxunto visitante. (2)

Praiña - Pamlmeira: Ainda que co corazón me gustaria que o conxunto de Reis non descendera de categoria, penso que este Domingo será a confirmación de que o vindeiro ano competirá na Terceira Autonómica. O equipo do Barbanza, con varios fichaxes novos, e o colista do campionato, pero penso que acadará a victoria no Ignacio Varela. (2)

Sionlla - Laro: O Laro ben de perder no ultimo suspiro frente o líder e querrá resarcirse do mal trago, si estan atinados os do Deza, pode ser incluso unha victoria por goleada. O Sionlla pola sua parte, con varios brasileiros no seu plantel, irá con moitas baixas polos sancionados que ten. (2)

A Baña - Cacheiras: Un dos bos partidos que se podrán ver o Domingo, A Baña na casa e un equipo moi rocoso, ainda que ese tipo de xogo tamen lle vai moi ben o Cacheiras, que ten en Bouzon o seu referente para combatir as envestidas do equipo local. Partido disputado que se decidirá nalgunha acción puntual. (1)

Rodeiro - San Marcos: O Rodeiro, ben de encaixar unha goleada no campo do Grixoa, e querrá facer as cousas ben diante dos seus siareiros, pero ollo!! O San Marcos que ata fai unha xornada ocupaba o penultimo posto, leva 9 puntos de 9 posibles, nos 3 ultimos encontros. O cambio de adestrador do conxunto de Santiago esta dando os seus frutos, e non se pode dalos por mortos. (X)

Sporting Estrada - Grixoa: O Grixoa visita A Estrada, coa intención de que sexa unha xornada propicia para recortarlle algun punto o líder, pero os locais non teñen intención de poñerlle as cousas sinxelas o equipo de Marcos Alvarez. Xa na primeira volta o resultado de 1-0 para o Grixoa, reflexou que o equipo que dirixe sensacionalmente Pena, non foi nin moito menos inferior. (X-2)

Lamela - Villestro: O partidazo da xornada, o Villestro - tercer clasificado - , visita Mularedos, coa intención de cortar a racha de 11 victorias consecutivas do conxunto de Jose Antonio. O equipo de Roxos, foi o que logrou ainda pola primeira volta, facer empatar o seu primer partido o Lamela. O líder deberá tirar de casta e orgullo para "tomarse a revancha" da primeira volta, e tamen para manterse firme de cara o seu obxetivo. Resultado incerto. (1-X-2)


Alguen da máis?

No hay comentarios:

Publicar un comentario