lunes, 11 de mayo de 2009

1/8 de Final Copa do Sar. Así chega o noso rival. Sigüeiro Fútbol Clube


O vindeiro rival na Copa do Sar, será o Sigüeiro FC. Un equipo que dende a chegada do adestrador José Manuel e outro. José Manuel, ex do Dubra, caracterizase por facer equipos rocosos, dificiles de gañar, que encaixan poucos goles, e aproveitan as oportunidades que teñen. En definitiva, equipos os que sempre e incomodo xogarlles.
A man do novo mister notouse, e así dos ultimos 10 encontros de liga, tan só perderon 3. Ante rivais dificiles como Laro (equipo que como local e moi compricado), Grixoa (Campión da categoria e invicto) e Cacheiras (bo equipo con grandes individualidades, e ademais o Sigüeiro reservou pensando na primeira eliminatoria contra o Montaos). Dito esto, os números falan por si sós, e este equipo, leva 9 victorias nos seus ultimos 12 encontros (sumando a que acadou fronte o Montaos -2-0- e fronte o Brión, por un contundente 3-0)

Ultimos 10 encontros de liga do Sigüeiro.

Tras unha primeira volta titubeante, o Sigüeiro encadeou unha xeira de resultados que o levaron ata ser o 4 mellor equipo da segunda volta (30 ptos), a tan so 2 puntos do segundo mellor equipo (San Mamed, 32 ptos).
Cabe destacar a fortaleza do equipo vermello, fora do Lino Balado. Xa que foi o 5º mellor equipo como visitante.
O Sigüeiro foi o 5 mellor equipo como visitante.

Indo de menos a máis, nunha gran proxección, parece que o equipo de Oroso, esta no seu mellor momento da tempada. E a pesar de enfrontarse a un equipo de Primeira Autonómica, visitaran Mularedos coa intención de pasar a eliminatoria.

Progresión do Sigüeiro na tempada 2008/2009
Rematando a liga regular como 7º Clasificado. Porriba de ilustres equipos na categoria como O Pino, Laro ou A Baña. Un gran traballo o realizado por este equipo.

O equipo dirixido por Jose Manuel, acadou un máis que meritorio 7º posto

1 comentario:

  1. Moi boa descripción do equipo.

    As dúas estrelas son as Copas do Sar. A primeira que gañamos no 97 e a que aspiramos a gañar este ano.

    Se queres podes poñerte en contacto con nós: info@colectivoesloveno.com

    Saudos

    ResponderEliminar