sábado, 2 de mayo de 2009

Xornada 33ª. Penultima. Derbi descafeinado....para o Silleda. SD Silleda 1 - FC Lamela 2. A importancia dun gran nivel colectivo.


Gran día, gran tarde, e gran encontro a disputarse no concello dezano de Silleda. Derbi no que nos encontramos en disparidade de situacions. O noso "maximo rival" descendido matemáticamente e nos salvados dende fai 7 días.
Con un once pensando en que temos dous partidos en tres días. Saiu o Lamela co pensamento dunha victoria, o primer partido sen presión, marcarianos o camiño, o camiño do que sería xogar este tipo de partidos, en esta situación en con un terreo de xogo en magnificas condicións.

Once inicial: Ivan, Pinto, Yeiko, Amosa, Sanchez, Oscar, Persi, Chicho, Raúl, Orosa e Titi. Completan a convocatoria: Baleiron, Fran, Cutrin, Gonzalo e Ruben.

Para nos era un partido importante, para a nsa afición tamen. E por iso saimos enchufados o partido, tal foi asi, que os 15 minutos, e despois de que Orosa pelexará un balón na frontal da area, Titi "engachou" un espectacular zurdazao que superou o porteiro local Marcos. E que se convertiria no 0-1. Espectacular tanto dun Titi, moi irregular en toda a tempada, intermitente, pero que da mostras da sua calidade con zarpazos como este. A mala noticia chegaria 2 minutos despois, tras un esforzo, Persi notaria un pinchazo no seu xemelgo dereito, e teria que abandoar o Outeiriño, para dar entrada a Gonzalo -que a postre seria definitivo-. O descanso iriamos con marcador favorable de 0-1 e lamentandonos de duas oportunidades marradas por Orosa.
Con un Outeiriño case vacio -no campo xa estaban o Silleda B e Chayan para disputar o seguinte partido- A xente de Silleda daballe a espalda o seu equipo no derbi en primeira rexinal, que para a tempada 09/10 non se podrá repetir polo descenso do equipo da capital.
O dito, chegabamos o descanso co 0-1 a pesar das decisións arbitrais, que o parecer querian dar unha ultima "alegria" o equipo local, e con decisións mais que polemicas, deixabannos con 10 xogadores dende o minuto 37, tras unha rigurosisima expulsión, unha incompresible expulsión do noso "10" onte, Raúl. Que marchaba indignadisimo -eu tamen o faria-, para os vestuarios tras ver como o Arbitro Axudante 1, cunha chuleria e prepotencia que as veces dan gañas de cometer unha tonteria, o mandaba a caseta. O mesmo que tamen expulsaria a Rubén por dobre amonestación os 20 minutos da reanudación.
Supemonos repoñer de todo iso, e asi no 60, Pintiño maxistralmente, deixaba atras o seu par, para poñer un balón preciso e precioso a Chicho, este en semi-fallo, daballe un pase a Gonzalo que se atopaba no segundo pao, e que remachaba o balón o fondo das maias. 0-2 o partido encarrilado, con 10 dende a primeira metade, e sen que nos crearan perigo. E a pesar dos de negro, viamos como nos podiamos facer de novo co derbi. Logo o tempo pasou rapido, e so tres ou catro accións puntuais foron capaces de parar o encontro. A primeira un mal saque do noso porteiro, que despois non supemos defender, e co que chegaria o 1-2 -que seria resultado final-, a lesión de Cutrin, tras un encontronazo con Micho -que non debeu rematar o partido-. A expulsión por dobre amarela, a Rubén. Duas tarxetas amarelas en menos de 3 minutos. E a expulsión a falta de 3 minutos dun Chururú totalmente desquiciado que via como perdian un partido, que nunca mereceron gañar, un partido polo que non loitaron, e un partido nos que os propios arbitros lles deron a opción de entrar.

Non foi asi, e os de negro esta vez no conseguiron. Remata o parito, 48 puntos, salvación, un gran apreton de mans co mister, certificaba o traballo dun grupo todo o ano. A importancia do grupo, do vestiario. Da calidade de todos os futbolistas. Non temos xente imprescindible? Dous amigos e xogadores dician non fai moito: "si, en todos os equipos hai xente imprescindible" eu diria... necesaria pode ser! Imprescindible creo que non. De todos modos, poñamso todos os pes na terra, disfrutemos dos minutos realizados polos compañeiros, pero pensando en que hai que mellorar, pensando que o importante e o grupo porriba de cada un de nos. Porriba de que un xogue 10 minutos e outro 80... porriba de decisión desacertadas, porriba de que todos cometemos erros.
Rapaces, pes na terra, traballo e traballo, que o final tivemos o noso premio. E pode ser mellor. Benvida Copa do Sar. Aqui te esperamos con toda a máxima ilusión.

Saudos e grazas de novo rapaces.

Por certo... aqui vos deixo a un novo fichaxe, que por fin lle dei sacado unha foto, so me falta Fran, e Baleiron pola foto oficial.
Neira aqui te quedas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario