martes, 12 de mayo de 2009

En cadro, coa enfermeria chea.! Para a ida dos Oitavos.


O partido do domingo, non será nada facil. A dureza do equipo rival, unense as numerosas baixas do equipo. O non dispoñer de "B" nin xuvenis. O equipo dezano, disputará a ida dos oitavos de final, en cadro. E contando tan so con 11 xogadores de campo e dous porteiros. As númerosas lesións de gravidade, e compromisos persoais de varios xogadores, debilitarannos moito de cara o Domingo.
A lesión de Pampin producida fai 3 semanas, non mellora. Rober puido dicir adeus a tempada, xunto con Cutrin e Baleiron (os tres con sendas lesións musculares de larga duración). O media punta Gonzalo e o central Amosa, por motivos persoais non podrán disputar o encontro. O dianteiro Titi, podría chegar para dentro de 15 días, pero esta descartado para o partido de ida debido a un forte esguince producido no partido contrao Chayan. Outra baixa importante pode ser a de Pibe (por motivos laborais), e Oscar cunha lesión cronica nos tobillos, que en funcion da mellora estará ou non para Domingo. En definitiva unha desfeita, e un rosario de mala sorte esta acontecendo por Lamela. Chicho cun forte golpe na espalda tamen e dubida ata ultima hora.
Así e todo, a amplia plantilla do Lamela, contará con 11 xogadores para o domingo, con 1 cambio e un porteiro suplente. Agora e cando temos que demostrar a importancia dun vestiario amplio e competitivo, ainda que agora xoguen os menos habituais durante a tempada, penso que coa ilusión e o traballo feito durante todo o ano, daredes o do de peito. Pero ollo que o Sigüeiro non regalará nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario