miércoles, 6 de mayo de 2009

Historias Antigas do Blog | I PARTE | - 1ª Publicación do FC Lamela... ala por Outubro do 2007. Xa choveu! E parece que foi onte.


Cada domingo miles de persoas teñen un ritual, xogadores, adestradores, directivos e afecionados; ir o campo de fútbol a practicar ou ver o deporte chamado rei.
A min chegoume o fútbol este domingo 28 de outubro, bastante cedo, tal vez mais cedo do que me gustaria. Saín da casa sobre as 9 da maña, rumbo a Bandeira, para dirixir o equipo da zona de categoria Alevin. E unha das maiores satisfaccións que pode ter unha persoa que lle guste este deporte, poder chegar a levar un grupo de rapazes de entre 7 e 11 anos, e poder marcar unha pauta ese ano ou varios anos, unha pauta que eles non olvidaran en todolos anos que continuen xogando o fútbol. Durante a sua vida futbolistica o adestrador desas idades, saira a relucir, polo xeral de maneira brillante, ainda que realmente non o fora tanto, pero para os rapaces e como un modelo a seguir, polo cal recomendo a quen lea esto, servir sempre de moi bo exemplo diante dos nenos, xa que os cativos aprenden moi axiña. O resultado e o de menos, (perdemos 7-3) o mellor foi o comportamento dos cativos, que estiveron sensacionais, competindo con nenos maiores que eles. Unha das cousas mais bonitas deste deporte ver e celebrar un gol a un neno destas idades.

Unha vez rematado o partido, e tomandome un respiro, chamei a un xogador do Lamela, para ir a comer algo antes do importante partido que nos esperaba as 16.30. Tivemos unha conversa moi entretida, e cando nos demos conta, era hora de ir para o campo de fútbol.

O campo de fútbol de Lamela, Mularedos(creo recordar) o numero 13, algo que o mister non o leva moi ben.
E entrar pola porta, e xa te transformas, xa e un ambiente de puro fútbol, cada un facendo a sua función, cada un defendendo as suas cores, ata o mais minimo detalle, e todo o mundo dando mostra de que moitas veces a xente pensa que sabe mais do que realmente sabe.

Sobre este tema sintome privilexiado, xa que a persoa que dirixe o equipo e un persoaxe sensato, que sabe por onde pisa, que sabe cales son as suas limitacións, pero tamen que aprende de unha maneira incrible, ordeado, meticuloso e realmente involucrado; si o propón chegará moi lonxe no mundo dos adestradores.

A miña función dentro do equipo non esta moi definida, ainda que me gusta pensar que e importante. Supoño que se trata de facer grupo, un vestiario unido, e ser a persoa de confianza do adestrador. E sobre todo, ainda que e unha postura egoista, aprender todo o posible duns xogadores e dun adestrador sensacionales.

CRONICA: (Partido según Lois) Xa que como sempre digohai tantas versions como persoas presenciaron o partido.

O Laro parece un equipo unido, e supoño que moito mais para un derbi, no que incluso se pode dicir que gañando o partido seria un gran logro na tempada, e tamen con animo de revancha polo sucedido anos anteriores. Un equipo duro, ainda que se desconcentra por momentos, e no que o corazon as veces xoga malas pasadas.

Nunha primeira parte de tanteo, de observación, de medir forzas, esas malas pasadas esas accions que te arrepintes de facer pero fas, o Laro quedabase ccon 10 homes, e dende o meu punto de vista, comezou "o principio do fin". E mais cando a falta de 2 minutos para repatar esa primeira parte, Cutrín executando unha magnifica falta lateral, puxo por diante o equipo local.

Para min o partido acabouse ahi, ainda que sempre se pode dicir que en fútbol pode pasar calqueira cousa, e os nervios comianme por dentro. Supoño que sendo o mais "obxetivos" posible, o lóxico e supoñer o que pasou despois, un resultado final con marxen ainda que tampouco moi abultado. 3-0


Co cal xa temos andado un paso mais, e xa falta un rival menos, para ver o final da tempada, si fixemos ou non as cousas ben, e onde nos merecemos acabar.

Non puidemos empezar mellor, pero nas vindeiras xornadas e onde se pode demostrar onde podemos chegar.

Animo que agora ven o bo!!!!

Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario