domingo, 24 de mayo de 2009

VOLTA dos 1/8 de Final Copa do Sar. Sigüeiro 0 - FC Lamela 2. Despois do casamento tocaba dar a cara. Espera o San Mamed.

Once Inicial da Volta dos 1/8 de Final da Copa do Sar. Sigüeiro - FC Lamela

Foi un día largo, un deses no que non che pasan as horas, no que non che dan pasado os minutos. Costabanos a moitos de nos, non recordar o do día pasado, a festa do casamento de Rubén pasou factura. A auga non chegaba a nada, e estabamos algo espesos.
Con todo iso a eliminatoria en ningun momento correu perigo, e xa nos primeiros 5 minutos, Pampin en duas ocasións e Orosa noutra, puideron sentenciar, mais se cabe, a eliminatoria. Pero a "festa" previa tamen pasou factura na punteria.

Sen oportunidades claras para o Sigueiro, dedicamonos a ver como pasaban os minutos sen máis que esperar a que o arbitro pitará. E asi, pitou o descanso, sairia Amosa, por Porto cun golpe no pulgar do seu pé dereito. Cando os 15 minutos, unha combinacion por banda dereita, remataba en centro, que un dos defensas locais interceptaba coa man. Neira foi o encargado de anotar 0-1, (con 4 goles no que vai de Copa, e o pichichi do equipo, Chicho -con 3- sigueo moi de perto.

Chicho e Gonzalo sen animo nin para posar... porque será?

E hoxe non tivo minutos para intentar acadar o empate na cabeza dos goleadores.) Despois gardar a roupa, sairia Titi por un Pampín que levaba a "liga" ainda na cabeza (Pola semana fareivos un "especial" Pampin su "Liga" y como aguantar la presión). E no "toma e daca" o Sigueiro estrelaria un balón no longueiro, o se número 10, seria neste partido a baza mais importante do conxunto dirixido na tarde de hoxe por Marcial. Pero foi o equipo amarelo o que dou a puntilla o partido. Titi, gañalle a espalda o seu par, e poñendo o balon para a sua perna boa, engancha un dereitazo que se cola perto da escadra defendida de novo por un magnifico Alex, outra vez o porteiro de Oroso foi o mellor do seu equipo.

No banquiño podiase notar as "secuelas" do día anterior

Trala victoria pola minima, novamente do San Mamed fronte o Praiña, (2-1), será o conxunto de Pedreira o seguinte rival, xa nos cuartos de final. Un case considerado derbi (nos ultimos 3 anos, 4 partidos de Liga, e outros 4 de Copa) Esta seria a 9 vez que nos enfrontamos en tan so 3 anos. Equipo o que coñecemos ben, e tamen que nos coñece ben, será unha eliminatoria disputadisima, para lograr unha praza nas semifinais.

Oscar disputando un balón sacado por Álex

Unhas semifinais que estan máis perto para un dos candidatos a chegar a final, o Dubra, logrou pasar a cuartos de final, non sen atrancos, ante un peleón Portomouro, que perdeu pola minima en Dubra, e empatou a ceros, no seu propio campo.

Unha das moitas internadas de Pibe, por banda dereita.

Cabe destacar no resto da xornada copeira, a remontada que fixo o Cordeiro sobre o Ciudad "B", o equipo de santiago, levaba unha renta de 3 goles a 1. Pero o equipo de campaña, logrou empatar a eliminatoria o delvolverlle o mesmo tanteo. Asi, e tralos lanzamentos de penalti, o Ciudad "B" acedia a cuartos, onde o esperará un brillante Bertamirans; que vencia claramente a un desauciado Silleda (3-1), o equipo dezano di adeus a unha tempada para olvidar.
Máis arriba no cadro, o Flavia que xa resolveu a eliminatoria na ida (6-0), visitará Abanqueiro que gañou a domicilio por 1-3, un equipo este, que esta plagado de grande xogadores, e que teran a pedra de toque ante o Flavia de Camilo Perol, o actual campión, e máximo candidato a revalidad o titulo.

A mellor zurda, e a mellor diestra do equipo, Cutrín e Raúl

Saúdos, e desexandolle o Ruben e Ana un feliz viaxe de noivos, despidome agradecendo novamente o traballo realizado por todos vos.

Aqui vos deixo o primer gol do partido a cargo de Neira, e de penalty.



Crónica do partido polo Colectivo Esloveno:

Asi queda o cadro:



5 comentarios:

  1. Noraboa rapaces, eso e saberse repoñer dunh dia anterior moi movido....

    ResponderEliminar
  2. Anónimo0:29:00

    jaja veña ke ai ke komerse o san mamede con patacas ajaja

    ResponderEliminar
  3. Anónimo2:06:00

    Vamos a chorrear o San Mamed

    ResponderEliminar
  4. Anónimo17:43:00

    Rapaces pes no suelo que agora no futbol, xa case nadie chorrea a nadie. Con pes no suelo e sen prisa pero sen pausa.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo21:54:00

    Aquí un de Sigüeiro que vos da a súa máis sincera noraboa!!! Fúchedes mellores claramente e avanzades na copa.

    A ver se a gañades e podedes facer que digamos que perdemos contra o campión!

    ResponderEliminar