lunes, 4 de mayo de 2009

Regalemonos un bonito final. 1/32 de Final. Chayan 0 - FC Lamela 4



A pesar do marcador, todo facia esperar unha eliminatoria sinxela. O dito a pesar do que reflexa o marcador, non o foi. Un Chayan motivado, e a falta de intensidade por parte dos amarelos, case nos costa un disgusto.
Tamen nos pode vir ben para a vindeira eliminatoria contra o Taragoña. Xa que ese toque de atención podenos ver que non somos superiores a ninguen. (ainda que penso que inferiores tampouco.)

Chegabamos a Chayan, cun bo dia para xogar, e cun campo en magnificas condicións.
A convocatoria para este partido foi a seguinte: Ivan, Pintiño, Yeiko, Amosa, Porto, Oscar, Mario, Pibe, Orosa, Gonzalo, Neira, Titi, Fran, Baleiron, Sanchez e Chicho.

Intentamos facer cousas nunca feitas durante a tempada, e eso tamen nos pasou factura. Xa que non saia todo o que intentabamos facer. E a nosa fama de equipo rocoso pasou a ser todo menos iso. O mellor que puido pasar? Pois que nun centro envenenado de Pibe, o central na sua ansia por despexar o balón, o metera na sua porteria. 0-1, por diante, e ainda que coa sensación de non facer as cousas ben, poder ir gañando o partido dabanos un chisco de tranquilidade. O Chayan non se quedou atrás e nun par de boas combinacións puideron empatar o encontro. Tampouco vou a dicir que nos nas tivemos, unha de Orosa e outra de Neira, que a primeira anulada polo arbitro, e a segunda por falta de acerto no remate do dianteiro amarelo, non subiron o marcador. Asi ibamonos o descanso, coa sensación de estar a facer un mal encontro, pero coa garantia que nos daba ese 0-1.
O cansancio acumulado durante este longo fin de semana, e a falta de tensión, provocaron estas sensacións.
As cales so duraron ata o minuto 1 da reanudación, cando Chicho, controla un balón en medio campo, abre o balón a banda esquerda, ese balón convertiriase nun pase profundo para Orosa, que pon o centro, para que o que iniciou a xogada - Chicho - so teña que empurrar. 0-2 e agora si que podiamos disfrutar e sacar toda es stress acumulado.
Non tardaria Chicho 10 minutos en anotar o terceiro tanto -segundo na sua conta-. Nunha xogada similiar, Chicho poñia terra de por medio. Entre tanto, Orosa, Yeiko e Neira tiveran as suas respectivas ocasións. Ata que unha falta na frontal, cometida sobre Titi. Lanzaría maxistralmente Baleiron, para subir o 0-4 no marcador. A eliminatoria resolta, e parece que xa se notaba a tranquilidade nas caras dos xogadores. Dahi o final, reservando forzas, e xogando co resultado. O unico que non se conformaba parecia ser Pintiño, que nos ultimos 10 minutos foi un pesadelo para a defensa santiaguesa.
Pitido final, 0-4. E a pensar no Taragoña.
Saúdos e deica o Martes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario