jueves, 7 de mayo de 2009

Historias Antigas do Blog | 2 PARTE | - Cronica do partido de Villestro, con 9 e remontando! A primeira pedra do ascenso. Xornada 10º Tempada 08/09

"El problema con los árbitros es que conocen las reglas, pero no el juego
Bill Shankly, jugador y entrenador de fútbol británico.


Hoxe foi un día diferente, xa que perdemos os nosos primeiros puntos nesta tempada. (ou tal e como se presentou o partido, máis ben gañamos 1 puntiño)
Chegamos a Villestro, con tempo de sobra para meternos no partido. A hora para o partido esta establecida ás 16.00 horas, pero resulta que como esto e fútbol aficionado, incluso as persoas que dirixen todo esto se poden permitir, chegar case unha hora tarde e aqui paz e despois gloria.

Eu sempre o comparo con calqueira traballador, por que o fin e o cabo o arbitro non ven a facer o seu "traballo" gratis, pois o dito, que probe calqueira traballador a chegar case unha hora tarde o traballo, a ver que lle di o xefe.
Pero non so contento con eso, tira unha semana de traballo pola borda, dun equipo que ten un claro obxetivo.

Empezando o partido con ese retraso, e tras os compases iniciais, e despois de sacar varias faltas e cornes a favor, nun deles Matias pon o balón o primer pao para que Pampo remate dunha maneira certeira. 0-1 (min.20), o partido parecia encauzarse, e o Villestro non daba sensación de perigo. Pero que resulta que o persoaxe que dirixe o partido, inventase unha falta o borde da area, nun pelotazo do Villestro, un xogador local coloca o balón pegado o pao, onde Fly non pode chegar. 1-1 (min. 35). Volta a empezar.

Asi chegamos o descanso, coa sensación de que en calqueira momento teriamos as ocasions para irnos no marcador. Pero resulta que de novo este persoaxe, expulsa a Oscar (min. 49), con dez, toca facer unha azaña para intentar ir a polos tres puntos.
Cando mais achuchabamos, un balón perdido o borde da area do rival, convirtese nun contragolpe, que acaba con Pintiño expulsado inexplicablemente con vermella directa, na que o arbitro considera que e o ultimo home e ocasión clara de gol.... con 9 xogadores, o único que podiamos aspirar era a un punto. Pero esa falta, convirtese en gol, tras un fallo da barreira que deixa totalmente vendido a Fly.

Con 9 xogadores e perdendo 2-1 faltando 10 minutos, so se trataba de corazon e coraxe, pasando 1 minuto, Matias saca un bo corner que remata Pibe de cabeza. A locura chega a todos que o celebramos no banquillo como un verdadeiro equipo.

Pese a todo o ocurrido, seguimos lideres con 5 puntos de ventaxa, e a sensación do equipo nos minutos finales, incluso pode reforzarnos, sen confiarnos, para o partido desta semá contra o Grixoa.

Para rematar so 3 cousiñas:

A primeira que teño claro que o arbitro que dirixiu o encontro, non o fixo con maldade, pero o que esta claro, que cando alguen o fai tan mal, debe de ser apartado un tempo para que pense no que fixo mal.

A segunda e que esta crónica como puxen en outras opinions e totalmente subxetiva, e como sempre digo, si todos escribiramos sobre o partido veriamos cada un o noso.

E a terceira e mais importante, o grito de "guerra" do final do partido no propio campo, demostra de ante todo somos un equipo, un gran equipo, e si alguen nos quere pasar porriba, vai a ter que sudar sangue.

VAMOS CHAVALES!!!! A ROELOS!!!

1 comentario:

  1. Bueno Lois, ti si que te curras o blog. Está macareno! Vemonos en octavos... se pasades! É broma, o Taragoña gañadeslle fácil.

    Que relación tes co clube? eres xogador?

    Xa somos seguidores deste site.

    Saudos

    ResponderEliminar