domingo, 17 de mayo de 2009

IDA dos 1/8 de Final Copa do Sar. FC Lamela 4 - Sigueiro 0. Victoria contundente ante un bo equipo. Eliminatoria case resolta.

Once Incial da Ida dos Oitavos de Final da Copa do Sar. FC Lamela - Sigueiro

Tarde placida para xogar o fútbol. A nosa sospresa foi o chegar o campo, o terreo de xogo de Mularedos pola choiva e o pasarlle o pisón, quedou en lamentables condicións. Nos dous anos que levo en Lamela nunca o vin tan mal para disputar un partido.

O Mister (José Antonio), pensativo antes de comezar o partido

Chegabamos coa intención de non encaixar, o importante era manter a porteria a cero para o partido de volta, e si tiñamos ocasións e podiamos levarnos unha victoria pois mellor que mellor.
O encontro comezou cun Sigueiro que viña a defenderse, que viña a plantexar un partido fisico. Tardou o Lamela en poñerse por diante media hora, cando tras un disparo de Neira, Chicho anota o primeiro da tarde. 1-0, e os nervios iniciais parecian calmarse.

Yeiko estirando antes do encontro.

Con todo eso o Sigueiro cunha gran primeira parte no aspecto defensivo, deixaba o equpo dezano con tan so un gol de vantaxe. Ibamos o tempo de lecer co 1-0 de Chicho, e de novo a mala sorte en forma de lesión sobrevoaba o vestiario, desta volta Raúl, era o que caia lesianado. Xa no adestramento do Venres, Fran (un dos dous porteiros que integran a plantilla, sufria unha grabe lesión na sua perna dereita, que o deixa fora da Copa.

Raúl no once inicial no partido contra o Sigueiro, tivo que retirarse por lesión

A seria primeira parte do equipo de Oroso, veuse truncada os 3 minutos da reanudación, cando Neira cun gran disparo, sorprendia a Alex, e anotaba o 2-0. A partires de ahi o Sigueiro deixou mais ocos, e o equipo amarelo puido combinar e chegar con mais claridade a porteria vermella. Así, chegarian dous tantos mais, o 3 obra novamente de Neira (segunda no sua conta particular) e o 4 dun reconvertido a dianteiro Porto. Pola falta de efectivos ocupou esa demarcadión os ultimos 20 minutos.
Neira, o gran protagonista da tarde, anotando 2 dos 4 goles do equipo amarelo

En definitiva, unha victoria comoda (que para nada sinxela) sobre un rival, que xogaria os ultimos 25 minutos (co 4-0 no marcador) con 10 xogadores, e os ultimos 15 con 9, polas expulsión de dous xogadores do Sigueiro (Fran e Xabi).

Jose Manuel, o Vicepresidente do FC Lamela, sorrinte tralo triunfo do seu equipo.

A vindeira semana, novamento co posto, tocara visitar o Lino Balado, coa intención de certificar o pase a cuartos de final.
Entre os posibles rivais, o San Mamed, adiantase na sua eliminatoria, tras vencer pola minima (0-1) en Pontevea, fronte o Praiña.

Gran labor a feita novamente rapaces, noraboa, e a seguir traballado que queda o mellor.

12 comentarios:

  1. Anónimo23:36:00

    Bo partido sí señor. Son de Sigüeiro e quería dárvola noraboa por pasar de eliminatoria. Facédenos un favor e gañáde a Copa, sorte!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois moitas gracias. A verdade e que da pena que veña un equipo coas instalacións que tendes vos, e veñades a lameira que era hoxe o campo. Unha autentica pena, esperamos que levarades boas sensacións de Lamela. Agradecense os animos, e si rubricamos o pase a seguinte rolda, esperamos ter o voso apoio. Un gran saudo a toda a familia do Sigueiro.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo1:49:00

    Felicidades chavales polo partido de hoxe,non acompañaba o campo e o rival non era facil e sacamos moi ben o partido adiante,agora a recuperar xente lesionada para o partido devolta,e se pasamos pa seguinte rolda

    ResponderEliminar
  4. Anónimo7:49:00

    Parece mentira que un equipo de categoria superior, necesite dun arbitraxe "casero" para pasar a seguinte ronda da copa... pero bueno onte fostes o peixe grande, cando sexades o peixe pequeno escoitaranse os lamentos!!Dadelle as gracias a Gonzalito... "gran amigo de sus amigos".

    Mario tiña que ser expulsado os 5 minutos (codazo sobre un xogador do Sigüeiro),
    os piscinazos varios de Neira e Orosa sen sanción en todo o partido, os continuos codazos de Oscar sobre varios xogadores do Sigüeiro sen sanción... tampouco.
    Xa nos veremos nas seguintes rondas... se pasades porque os arbitros non vos van axudar sempre!!
    Gonzalito ten ficha con vos?? Onte podía vestirse de amarelo!!

    ResponderEliminar
  5. Anónimo11:43:00

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo11:43:00

    O último anonimo ten bastante razón, fun ver o partido de casualidade e non me pareceu xusta a axuda extra que recibiu o Lamela. Sodes un equipo de categoría superior e pragada de nomes máis que de xogadores, e é de vergoña ver a Mario dando estopa coma se dun becerro se tratase, e despois queixandose seguido por lances fortuitos do xogo e sen mala intención, non coma él, e o de Orosa non ten nome, pasouse o partido queimando ó lateral que debía ser un juvenil. De pena, a veteranía demostrase doutra forma, con cabeciña, e había a moitos que lle faltou onte, a imaxe do equipo deixa bastante que desexar. E Lois non sei como podes seguir axudando a este equipo de estrelas vendo como te tratan, mostra como te mandou á merda Mario na primeira metade. Nada máis que dicir. Resultado final do encontro 4-0, resultado como equipo 0-11. Aprendede un pouquiño "Galacticos", que defendedes unhas cores e hai que sentilas non todos son os cartos. E poño anonimo porque neste pobo todo se sabe.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo11:46:00

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo11:49:00

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  9. O que non vou a consentir, van a ser insultos de ningun tipo. Opinions as que queirades pero respetando todo e a todos.
    Facede o favor, senon simplemente non deixarei escribir mais comentarios e punto.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo17:37:00

    Pero por Dios! As expulsións totalamente xustas e tiramos unha soa vez á porteria,gañou o mellor e punto.

    ResponderEliminar
  11. Anónimo17:44:00

    pos asi e komo ai k insultar pa non ter axudas arbitrais faise ese fai falta protesterlle a federacion tamen
    MANS ARRIBA ESTO ES UN ATRAKO!!!

    ResponderEliminar