jueves, 10 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte I . Chicho


Unha vez conseguido o ansiado ascenso, comezarei cunha serie de crónicas do porque deste éxito rotundo. Por suposto debemos celebralo, e o seu traballo costou, molladuras, pasar frio, calor... sacarlle horas a familia e achegados. Pero creo que a estas alturas, estaremos de acordo en que mereceu a pena. Mereceu a pena, por conseguir o que conseguimos, e tamen por coñecernos todos un pouco máis. Quedome cunha frase de Robert, que mais ou menos di: "alegrome de participar neste grupo, por que coñecin a xente maravillosa, e os propios amigos que xa coñecia, fixenos máis amigos ainda se cabe".
E que toda esta "pastelada" que estou a escribir, que non por selo, e menos verdade, me sirva para presantarvos algo que vos tiña prometido dende fai tempo. (Os videos ainda estan por subir).

Unhas fotos dun dos "heroes" de esta tempada, Chicho, que metendo a sua perna sumou para conseguir ser campións. Todo sumou esta tempada, e tamen houbo cousas que restaron. Pero como se soe dicir: "todo o que ben a rede e peixe". Chicho, si algun dia lees esto, vai para ti. O noso particular heroe de Grixoa. ANIMO CHICHO!! E QUE VAIAS MOITOS ANOS NA PUTA LLAMA!

Aproveitarei estes 5 partidos, para ir pouco a pouco dandovos un "repasiño" a todos. Para que quede para a posteridade.
Saúdos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario