lunes, 21 de abril de 2008

Xornada 33ª. Festa no campo do Campión! Lamela - Sporting Estrada.


Penúltima xornada do campionato de liga, xa con todo decidido dende fai un par delas. Recibiamos ó Sporting da Estrada, dirixido maxistralmente por Pena, un ano no que despois dos problemas persoais que tiveron, tras varios accidentes de xogadores do equpipo da Estrada, superonse refacer de todo iso, e acadaron a salvación xa fai varias xornadas, sendo un dos equipos revelacións da tempada.
Con numerosas baixas por ambas escadras, o partido comezaba cun dominio do Lamela, que non se veu refrexado.
O Sporting coas suas opcións adiantabase no marcador. 0 - 1 e o líder tocaballe remontar. E asi sucedeu cando un balón aberto a banda de Pampo, aproveitouno Pibe para dibrar o porteiro e poñer o 1-1 co que ser iria o tempo de lecer.
E nese tempo de lecer chearia a noticia. Aqui vos deixo un video de Fli, vestido "de corto" e que empezaba a dar o recital que dou en todo o día. Realmente foi o Xogador Fantastico da xornada, con moita diferencia sobre os demais. Ademais Fli, para cando vexas esto, espero que a música de fondo que lle puxen sexa do teu agrado.
Seguindo coa crónica, comezaba a segunda parte na mesma tónica que a primeira. Os 15 minutos da reanudación, unha falta de entendemento entre Sanchez e Mariño, (por certo a única falta de entendemento de todo o día, despois demostrouse que estan moi compenetrados). Daballe a oportunidade nun libre indirecto o Sporting, que a aproveitaba despois de tocar na barreira do equipo amarelo. 1-2 e outra vez tocaba ir a contra corrente.
Ahi apareceu o de case sempre, Lino, para empatar o partido antes de ser sustituido, e uns minutos despois, tras un erro defensivo do equipo da Estrada, Oscar anotaba o 3-2 que daba a victoria o líder, nun partido pouco brillante do equipo do Deza, pero que conseguia os 3 puntos novamente, para sumar un total de 90.
A xornada que ben, a parte de querer acadar os tres puntos, o Lamela tamen buscará chegar os 100 goles na presente tempada, xa que leva a escalofriante cifra de 100.
Animo rapaces para o próximo Domingo, e vamos a pechar como deus manda a tempada.
E agora aqui vos deixo o maginifico video de Fli. Co seu "Himno" particular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario