lunes, 14 de abril de 2008

Crónica da Xornada 32º. Outra victoria máis. Rodeiro 2 - Lamela 3


Como nas últimas crónicas, comezo o dia as 9 da mañá, indo para Bandeira, partido contra o 5 clasificado o Lalin "B", despois do partidazo dos nenos en Lalín, presentabase unha ocasión de certificar que non fora casualidade. Un 4-4, co cal acadabamos 1 punto cando durante todo o encontro merecemos os 3. Doulles un sobresainte os alevins do Bandeira, que ainda que empezamos tarde, como se suele dicir, "nunca es tarde si la dicha es buena".
Despois do partido fun a xantar con Lino, un bo xantar, e unha agradable compañia, cunha moi boa charla en definitiva unha boa comida.
Despois dun café na Adega, tiramos para Rodeiro sen a presión de outros encontros, e coa mente posta no pasillo que farian os xogadores de Marolas.
Ainda que cun tempo regular o terreo de xogo aguantou perfectamente, e todo estaba disposto para ver un bo partido de fútbol. Como suele ser habitual, despois de que un equipo che faga o pasillo, tende a sair a morder o rival. E así foi, despois de un erro defensivo, Ovidio adiantaba o conxunto local cun lanzamento cruzado. 1-0, e coma sempre o mellor que nos puido pasar para despertar. A continuación e con dous "zarpazos" de Robert, adiantabamonos no marcador. Persy...pois vaia a ser verdade que "lle pegas mal" jejeje. Antes do descanso e tras un fora de xogo de varios metros que non veu o colexiado, o Rodeiro poñia as taboas no marcador.
E de aqui vou a facer un pequeno parentesis, e vou saltar directamente o gol de Pampín. A un amaños en defensa, con Lino o mais puro estilo Puyol. E pouco mais, xa que o tema de que quedamos con 9 xogadores e mellor deixalo para outra crónica, para outro día, para outra vez.
3 puntos máis para un total duns incribles 87. Pero... e o bonito que seria rematar con 93? En principio vamos a polo 90 que e unha cifra moi redonda e bonita.
Bo partido rapazes, ainda que sin a tensión de outros encontros, notabaselle a gana que lle tiñades o Rodeiro, que hai que recordar que foi o unico que nos gañou esta tempada.
Vamos a seguir disfrutando estas dúas xornadas que quedan, e a seguir afianzando este magnifico grupo.
Gracias a todos rapazes


P.D:
Chicho sempre atento a todo, deixanos esta perla de video, no que a pesar de que a miña persoa non sae moi favorecida nin moito menos, vouvolo poñer para que vexades que o final tanto esforzo valeu a pena.
Saúdos ( e non vos metades conmigo, porque estabamos todos parecidos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario