martes, 15 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte III. "Cutrín"


Pois si...vou a seguir polo noso querido Cutrín, a verdade e que podria escribir ata maña do noso "Cotri", empezando polo fútbolistico, no que, dou todo o que tiña pola camisola amarela, asi como por todalas que puxo durante a sua dilatada carreira futbolistica, a verdade e que sona a moitos anos David, pero estas feito un chaval. Eu de maior querolle pegar o balón como lle pegas ti, e ter o teu caracter gañador. Creo que non fará falta recordar de que nos partidos clave da tempada ahi o tivemos tirando do barco... Grixoa? Gol na ida e gol na volta, e que GOles...!!!!! Pois si de como futbolista podemos falar maravillas del, non vos digo nada como persoa. Sempre correcto, atento, vamos todo un exemplo para a nova fornada. Para que vos fagades unha idea, tiñadelo que ver botando a suas cremiñas antes do partido. Si algun dia non o fas, fagocho eu!!, o das cremas por suposto.
Unha forte aperta para o noso "8"

No hay comentarios:

Publicar un comentario