martes, 29 de abril de 2008

Crónica da Xornada 34ª. Rematamos cunha derrota no Pino, despois de mil ocasións.


Si despois de ver o partido, me din que o perdemos, de veras non o creeria, despois do rosario de oportunidades das que dispuxemos. De feito e sendo sincero, o mellor noutros partidos tivemos esa "fortuna" dos campións, pero o Domingo pasado a verdade e que nos abandoou. Cun equipo moi ofensivo, saimos o terreo de xogo en busca do gol dende o primer minuto. Tivemos varias ocasións claras, pero como o fútbol ten estas cousas, os que deron primeiro foron eles, despois de "perdoarlles" a vida. E asi, nun fallo de marcaxe a saída nun corner (amosa estaba fora do campo por un golpe fortuito), eles anotaba o 1-0 de cabeza. A continuación poidemos acadar o empate, pero a sorte da que falamos volveunos a faltar. Nunha falta inexistente en tres cuartos de campo, o 7 do Pino de disparo potente, consigue sorprender a Fli, subindo o 2-0 o marcador. Ibamos o tempo de lecer, cun incomprensible 2-0 que non reflexaba os meritos de un e outro equipo.
Na reanudación todo seguiu igual, creando e chegando con moito perigo, ata que Matias en xogada persoal proboca un penalty que Pampo erra, no rechace Pibe remata de cabeza pero o porteiro fai unha moi boa parada. Non era o noso dia de cara o gol, e estaba claro que podiamos estar horas e horas que non o conseguiriamos.
A mediados da segunda parte, unha internada de Pibe pola banda, e cun disparo cruzado, remata por fin, no fondo das redes do equipo de Arca. Asi e con tempo por diante o Lamela buscou a porteria rival, pero a "pelotiña non queria entrar". Todo sea dito que o Pino a contra creou moito perigo, e ata un penalty (que para min e claro) de Fli o dianteiro do Pino, que o colexiado non pita.
En definitiva non puidemos rematar a tempada como nos gustaria, pero penso que debemos sentirnos orgullosos do feito nestas 34 xornadas. Xa que ahi estan os números. E como di moi ben o Mister: " O medible non e opinable"

Saúdos e ata aqui as crónicas desta excelente tempada, espero que me fagades escribir na Copa do Sar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario