viernes, 4 de abril de 2008

Quiniela Xornada 31º. Primer "Match-Ball" para o líder


Esta xornada podese convertir na máis importante dende fai 20 anos para o Lamela. O conxunto de Mularedos, buscará a súa enesima victoria, para certificar matemáticamente o ascenso de categoria. En fronte un equipo A Baña, que non virá a poñer as cousas faciles, e que buscará amargarlle a festa os locais. Aquí vos deixo a quiniela de esta xornada.

O Pino - Berres: Posiblemente a despedida do Berres da categoria matemáticamente. O Pino buscará certificar o seu cuarto posto na competición, ainda que o Berres pode ser un equipo perigoso por todo o que se xoga. (1-X)

Tordoia - Palmeira: O Tordoia buscará os tres puntos para afianzarse un ano máis en segunda, por contra o Palmeira, que xa e un equipo de terceira, intentará rematar dignamente un ano para olvidar. (1)

San Mamed - Laro: Ambolos dous equipos buscarán a victoria, que lles de a salvación, e ambolos dous estan necesitades deses 3 puntos que os deixaria con pe e medio en segunda para o ano que ben. Un partido moi igualado que se decidirá en accións puntuais. (1-X-2)

Recesende - Villestro: O Recesende esta a facer unha explendida tempada no seu regreso a segunda autonomica, salvado matemáticamente dende a xornada pasada, o equipo de Teo buscará disfrutar dos catro encontros que quedan. Por outro lado o equipo de Roxos, querrá sumar de 3, para manterse no podio da categoria. (X-2)

Portomouro - Grixoa: En caso de perder, os locais, podrian meterse en problemas, xa que unha victoria do San Marcos, achegarias a un so punto dos postos de descendo. O Grixoa por contra, intentará dar o arreon final, sabendo das poucas posibilidades que lle quedan. Partido interesante, e o Portomouro pode ser un rival compricado polo dificil da sua situación. (X-2)

Praiña - San Marcos: Enfrentamento interesantisimo pola salvación, o que perda, estará condenado a baixar de categoria, por contra, o que consiga levarse o gato a auga, podrá seguir loitando para manter a categoria. Un empate sería suicida para ambolos dous conxuntos. (X-2)

Sionlla - SD Cacheiras: O Sionlla que xa esta case cos dous pes en terceira rexional, ben de encaixar unha goleada fronte o Grixoa, e tamen de recibir un severo correctivo en forma de sanción económica por unha agresión no seu encontro contra o Sporting da Estrada. Todo esforzo por manter a categoria será en valde. Mentres, o equipo de Caiño, acadando unha victoria, acadaría a salvación matemática, nun ano de transición do equipo de Teo. (2)

Sp. Estrada - Rodeiro: O equipo de Pena e unha das revelacións do campionato, coa salvación no peto, buscarán disfrutar destes 4 encontros que faltan, ademais de ser un dos mellores equipos locais. O Rodeiro, pasa por ser un dos mellores visitantes, ainda que a baixa de Estrella podese notar. Partido igualado, disputado e moi bonito. (1-X-2)

Lamela - A Baña: Primer "Match-Ball" para o líder, que de acadar a victoria, seria matemáticamente o campión da categoria. Un campionato que conseguiria liderando a categoria de principio a fin. De todos modos, o equipo de Nando, virá a Mularedos, en busca de algun punto, e con ganas de "amargar" a festa local. Partido importante e bonito a partes iguais. Resultado incerto. (1-X-2)


Aqui vos deixo, para que fagades as vosas apostas.

1 comentario:

  1. Resultado incierto el Lamela - A Baña??? Ta calaoooooo !! En mi quiniela es un uno fijo sin discusión. Felicidades a toda la plantilla del Lamela que ha hecho una expléndida temporada y mucha suerte para el próximo año. Gavi

    ResponderEliminar